Skip to main content
BóvedaO Incio

Rematadas as obras de mellora na estrada que une Bóveda e O Incio

Por 23 Setembro, 2021Sin comentarios

No día de onte remataron as obras de rehabilitación do firme nun treito da estrada LU-644 (Rubián-Cruz do Incio), nas que investiu 285.000 euros.

Así pois, explicouse que permitiron actuar nun tramo de 10 quilómetros entre os municipios de Bóveda e O Incio, en concreto dende o punto quilométrico 0,880 ata o 10,990.

A actuación levouse a cabo durante o último mes, con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona sur. Consistiu na mellora da capa de rodaxe mediante a execución dun microaglomerado en frío e o posterior repintado da sinalización horizontal.

Con esta intervención melloráronse as condicións de adherencia do pavimento, a visibilidade e a seguridade da vía en xeral. Neste sentido, destacouse que se realiza un labor constante de mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlle unhas estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns.