Skip to main content
Láncara

Xornadas sobre o aproveitamento medicinal na horta en Láncara

Por 10 Setembro, 2021Sin comentarios

A Federación de asociaciones de mujeres del mundo rural -CERES- e a Asociación de labregas organizan, coa colaboración do Sindicato labrego galego e a Asociación cultural Val de Láncara, un obradoiro sobre transformación e elaboracións con plantas medicinais. Aproveitamento medicinal na horta.

As xornadas levaranse a cabo no antigo colexio de Láncara e serán o 21, 23, 28 e 30 de setembro e o 8 de outubro de 16 a 20 horas. Este é un plan dirixido e financiado ao 100% a mulleres laboralmente activas -empregadas, autónomas e demandantes de emprego; excluído o persoal das administracións públicas.

Para máis información e inscricións pódese contactar no número de teléfono 691 17 56 50 ou no 982 231 154 ou no enderezo electrónico lugo@sindicatolabrego.gal