Skip to main content
Láncara

A asociación Río Pombo de Láncara participou no programa Coñece a túa provincia

Por 19 Setembro, 2021Setembro 20th, 2021Sin comentarios

A asociación de veciños Río Pombo de Láncara visitaron o sur de Lugo co programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo.

Os lancareses viaxaron ata Quiroga logo de coñecer o Pazo de San Marcos; percorreron o Museo Xeolóxico quirogués e subiron ata o miradoiro de Campodola, pararon nunha adega da subzona Quiroga-Bibei e remataron a viaxe no Castelo de Torrenovaes.

O programa Coñece a túa provincia, incluído no Plan de Impulso de Economía da Provincia de Lugo, beneficiará a máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.