Skip to main content
Paradela

Presentado o anteproxecto do Plan de Mobilidade Sostible de Paradela

Por 16 Setembro, 2021Setembro 17th, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela dá a coñecer o anteproxecto do Plan de Mobilidade Sostible da vila. O obxecto deste Plan de mobilidade é a incorporación da mobilidade na planificación para afrontar os problemas existentes á comprensión da mobilidade coma un concepto intensamente involucrado en diversos aspectos da vida urbana, resultando determinante para a calidade de vida.

Este Plan de Mobilidade Sostible da resposta aos retos xa identificados na Estratexia de Revitalización Local de Paradela en materia de mobilidade, aliñándose aos obxectivos e directrices propostas en dito documento, elaborado en Novembro de 2020.

O concepto de mobilidade cambiou para adaptarse ás novas realidades territoriais e sociais adoptando unha visón complexa, multimodal e multidimensional. Así, a superación do concepto ligado ao transporte urbano obrigado por motivos laborais e de viaxeiros e mercadorías baseado no automóbil, dá paso a unha visión ligada ao dereito da cidadanía para ter accesibilidade ás actividades desenvolvidas sobre o territorio, sexan estas laborais ou de lecer, empregando o modo que mellor satisfaga as súas preferencias.

Esta situación xunto co crecemento do nivel de motorización e os efectos ambientais e sociais que ten o actual modelo de mobilidade require buscar unha modificación na repartición modal para alcanzar unha mobilidade máis sostible.

No que respecta por exemplo á mobilidade peonil, Paradela fixo nos últimos anos un esforzo importante no que respecta a a adecuación da súa rede de senllas peonís e apertura de roteiros novos, por exemplo o paseo fluvial da Ruxidoira no centro da vila, os roteiros do Loio e de San Facundo así como varias obras de adecuación e mantemento no Camiño de Santiago.