Skip to main content
Sarria

Chega a Sarria a exposición A memoria do son

Por 5 Setembro, 2021Setembro 6th, 2021Sin comentarios

Chega a antiga prisión preventiva de Sarria a exposición A memoria do son. A mostra inaugúrase no día de mañá, luns 6 de setembro ás 12 horas.

Así pois, a exposición poderase visitar ata o vindeiro 29 de setembro. O horario de visitas é de 9.30 a 14.30 horas e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

Esta mostra, que estivo anteriormente en Compostela, acolle oito instrumentos musicais medievais que representan os diferentes modos de execución dun instrumento

Según Luciano Pérez, organizador do evento, tamén é unha mostra dos diferentes tipos de instrumentos que había na idade media, nos séculos XII e XIII. O estudo fíxose en esculturas en pedra que hai en Galicia: no pórtico da Gloria, no pazo de Xelmírez, no entorno da catedral; pero empregando tamén documentos da igrexa de Portomarín e de San Estevo de Ribas do Miño, é dicir, referencias que hai na provincia de Lugo.