Skip to main content
Sarria

Sarria celebra mañá a presentación do documental Mulleres de Sarria

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

Sarria acolle no día de mañá, martes 14 de setembro, a presentación do documental Mulleres de Sarria, unha peza audiovisual protagonizada por seis mulleres sarriás.

A presentación realizarase a partir das 17 horas na casa da Cultura de Sarria e o aforo será limitado, polo que a entrada será por orde de chegada.

En caso de non poder asistir, poderase ver nas redes sociais ou pola páxina do Concello. Así mesmo, esta é unha actividade promovida polo Concello de Sarria e pola Concellería de Muller.