Skip to main content
Sarria

Continúa aberto o prazo de inscrición na UNED Sénior en Sarria

Por 25 Setembro, 2021Setembro 26th, 2021Sin comentarios

Comeza un novo curso na UNED Sénior en Sarria que está dirixido ás persoas maiores de 55 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos.

O curso terá unha duranción de un cuatrimestre e comezará o vindeiro 19 de outubro e rematará o 23 de febreiro de 2022.

Así mesmo, todas as persoas interesadas nestes cursos teñen o prazo de inscrición aberto ata o 13 de outubro. A inscrición pódese realizar de maneira presencial na biblioteca pública municipal de Sarria Camilo Gonsar ou en liña a través do enlace https://extension.uned.es/actividade/25151

As clases que se ofertan son inglés e introducción á literatura galega. No primeiro caso, as clases serán os martes de 17 a 19 horas e, no segundo, as clases realizaranse os mércores de 17 a 19 horas. Así mesmo, hai que lembrar que os cursos son presenciais polo que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar no número de teléfono 982 280 202 ou no número 608 577 391 (whatsApp).