Skip to main content
Sarria

Mañá comezan as XIV Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria

Por 30 Setembro, 2021Outubro 1st, 2021Sin comentarios

Os próximos venres 1 e sábado 2 de outubro celébranse na Casa da Cultura de Sarria as XIV Xornadas Xurídicas Román García Varela do Concello de Sarria.

Estas xornadas, que este ano serán acerca de La Igualdad de Género en el ámbito jurídico, contarán con xuristas de recoñecido prestixio de todo o ámbito nacional e galego coma Juan José González Rivas, presidente do Tribunal Constitucional; José Ramón Navarro Miranda, presidente da Audiencia Nacional; Ana María Ferrer García, maxistrada do Tribunal Supremo; José Antonio Seijas Quintana, maxistrado xubilado do Tribunal Supremo; Sergio Orduña Alonso, maxistrado do Xulgado de Instrución N.º 3 de Lugo e Clara Martínez Careaga, maxistrada do Tribunal Supremo e Vogal do CGPJ e presidenta da Comisión de Igualdade do CGP; entre moitos e moitas personalidades máis.

Así mesmo, este ano tamén se sumou ao evento a UNED -tal e como estaba previsto no 2020-. A causa disto, sobre 400 alumnos da UNED de diferentes países coma Reino Unido, Brasil, Alemaña, Holanda, Uruguay ou Italia se inscribiron para poder seguir as xornadas de forma online ou en diferido. Este é un paso relevante que achega as xornadas aos estudantes e a máis persoas deste ámbito que poidan estar interesadas.

Ademais, dende a UNED dan créditos de libre disposición grazas a estas 10 horas lectivas nas que se poderán ver diferentes mesas redondas onde se persegue o obxectivo de coñecer a política no ámbito nacional para o logro da igualdade real, identificar as diferentes formas de discriminación, coñecer o principio de igualdade de oportunidades no ordenamento xurídico e analizar a dimensión de xénero en diferentes ramas.

O venres a xornada comezará ás 10 horas e rematará ás 14.30. Na sesión de tarde, realizarase unha mesa redonda de 17.30 a 20.30 horas. No caso do sábado tan só se levará a cabo pola mañá, de 10.30 a 14.30 horas.

Tanto os directores, Román García-Varela Iglesias e Carlos Lema Devesa, como o organizador, o Concello de Sarria, personificado no alcalde, Claudio Garrido Martínez, sinalaron que a actual situación sanitaria non permite recuperar a normalidade en canto ao aforo; polo que tan só se pode asistir presencialmente ás conferencias e mesas redondas aquelas persoas con invitación

Con todo, a fundación TIC, do Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo, retransmitirá as sesións na canle de Yotube da Deputación de Lugo, de tal forma que todo aquel que o desexe poderá seguilas en directo.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co Concello de Sarria no número de teléfono 982 535 000 ou a través do mail xornadasxuridicas@sarria.gal