Skip to main content
Sarria

Comeza un novo curso na Asociación Meigas e Trasgos de Sarria

Por 30 Setembro, 2021Outubro 1st, 2021Sin comentarios

A Asociación cultural Meigas e Trasgos de Sarria xa informou dos horarios que haberá neste novo curso 2021-2022 que comezará o vindeiro sábado 2 de outubro.

Desta maneira, as modalidades que se poden cursar son: baile, pandeireta, percusión e gaita. Nesta primeira modalidade, dividíronse varios grupos: iniciación, maiores, adultos e perfeccionamento e, excepto estes dous últimos, as clases do resto son os sábados.

Así pois, no primeiro caso haberá dous horarios: os sábados de 11.15 a 12 horas ou de 12 a 13 horas. No caso dos maiores, o horario é de 18 a 19 horas. En canto a perfeccionamento, as clases son os xoves de 19 a 20 horas e no caso de adultos, son os xoves de 20.30 a 21.30 horas. Para máis información sobre o curso de baile pódese contactar con Sesé no número de teléfono 605 619 205 ou, se estás no grupo dos maiores, pódese contactar con Belén no número 653 308 164.

En canto a pandeireta, tan só haberá grupo de iniciación -sábados de 17 a 18 horas- ou de perfeccionamento -sábados de 18 a 19 horas-. Neste caso, para calquera dúbida pódese contactar con Guille no número de teléfono 697 516 257.

En percusión, os horarios, o día e os grupos serán os mesmos que no anterior -sábados de 17 a 18 o grupo de iniciación e sábados de 18 a 19 o grupo de perfeccionamento-. Neste caso, os encargados son Ismael -número de teléfono 661 445 787- e David -número de teléfono 681 112 015-.

Finalmente, as clases de gaita tamén se levarán a cabo os sábados pero, desta vez, o grupo de iniciación será de 16 a 17 horas e o de perfeccionamento será de 19 a 20 horas. Así mesmo, Guille volve ser o encargado desta clase.

Para máis información ou para calquera dúbida, pódese contactar no enderezo electrónico directiva@meigasetrasgos.gal ou consultar a páxina web www.meigasetrasgos.gal