Skip to main content
As NogaisTriacastela

Continúan as obras na estrada municipal que conecta Triacastela e As Nogais

Por 8 Setembro, 2021Sin comentarios

Invisten 120.300 euros na mellora da estrada de titularidade municipal que conecta os núcleos de Meizarán en Triacastela e Fillobal nas Nogais. Así pois, comprobouse no día de onte a marcha da actuación, executada ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) da Consellería do Medio Rural.

Desta maneira, explicouse que se está a renovar o firme nun tramo de 2,5 quilómetros de lonxitude cun ancho de 4,5 metros. Para iso, limpouse a superficie da calzada, que presentaba moito deterioro polo paso do tempo, para dotala dun novo pavimento a base de aglomerado en quente con rego de adherencia.

Está previsto que os traballos queden completados no día de hoxe e a continuación pintarase a nova sinalización horizontal. Tamén se repararán con pavimento de formigón as embocaduras de camiños adxacentes á vía, o que nalgúns casos implica a realización de obras para instalar tubaxes de saneamento soterradas.