Skip to main content
Axenda Caducada

O 13 remata o prazo para inscribirse na I Ruta BTT por Friol

Por 27 Setembro, 2021Outubro 17th, 2021Sin comentarios

O prazo e inscrición para a I Ruta BTT por Friol, organizada polo club local para o 17 de outubro permanecerá aberto ata o 13 ou ata completar un aforo máximo de 250 participantes, todos eles maiores de 15 anos. Esta constará de dúas rutas, a longa de 70 km e 1.800 metros de altitude, e a curto de 40 quilómetros e 850 metros.

Terá un prezo de 25 euros cun desconto para os federados de 10 euros. Para participar haberá que inscribirse en Championchipnorte e para solicitar información no email de clubciclistafriol@gmail.com ou no teléfono 606 085 556. Ata o momento xa están inscritos preto de 200 atletas.

Segundo explicaron dende a organización, non se aceptarán inscricións o día da proba e a recollida de dorsais terá lugar entre as 8.00 e as 8.45 na mesma praza Andón Cebreiro, onde estará situada a saída e a meta. As dúas rutas terán saída ás 9.00 horas.

Os participantes poderán participar no sorteo de agasallos ao finalizar a proba, que rematará cuns pinchos no pavillón polideportivo, onde tamén se fará lavado de bicicleta e duchas.

Ademais, haberá avituallamento durante as dúas rutas.