Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalba FS dá un novo salto adiante

Por 19 Setembro, 2021Setembro 20th, 2021Sin comentarios

O Vilalba FS está a vivir este ano un importante salto cara adiante produto de moitos cambios no seo interno. Como equipo referencia do fútbol sala en Vilalba, este ano presentou dous novos equipos sénior, en masculino e feminino, respectivamente, o que lle permite ter presencia en varias categorías máis.

Ademais, vén de facer un cambio de patrocinador, lugar que ocupa agora o Grupo Forma-T, empresa vilalbesa que progresou en poucos anos ata ser actualmente unha das líderes no ámbito de formación no sector eólico e de prevención.

O Vilalba FS constituiuse o 30 de agosto de 1999 sendo o seu primeiro presidente Francisco Javier González Vázquez. Nesa primeira etapa competiu ata chegar á categoría autonómica pero tamén, como todos os clubs, tivo uns anos escuros nos que houbo un parón deportivo e non competiu. Xa no 2008 coa inquedanza de recuperar o fútbol sala en Vilalba, un grupo de rapaces comandados por Duarte Barrio colleron as riendas do club e empezaron a competir en categoría provincial cun equipo sénior masculino formado integramente por rapaces de Vilalba. Ao seguinte ano xa competiu en categoría Autonómica e na tempada 11/12 conseguiron o ascenso á Terceira División Nacional categoría na que se asentou .

Na seguinte tempada tamén se creou o equipo xuvenil que anos despois chegou a competir en División de Honra. No ano 2014 houbo cambio na presidencia, xa que Duarte Barrio tivo que deixar o cargo por motivos persoais entrando no seu lugar Álvaro Fraga, presidente na actualidade. Na tempada 17/18 o club acadou un fito, por primeira vez creouse un equipo feminino de fútbol sala en Vilalba que acadou o campionato provincial na súa primeira tempada e o conseguinte ascenso á Preferente Galicia, categoría na que milita actualmente.

Como logros nesta curta etapa do clube hai que destacar a maiores dos ascensos de todos os seus equipos o campionato e o subcampionato do equipo feminino e o campionato do equipo masculino na Copa Deputación de Lugo nas dúas edicións celebradas.

Explica todo este cambio Joaquín Martínez, Quini, que tras 3 anos no clube, é agora o máximo responsable na sección deportiva, dado que é o director deportivo e adestrador dos dous primeiros equipos (sénior masculino en Terceira División Nacional e o sénior feminino en Liga Preferente).

Este ano contan cun novo patrocinador. Que supón para o club?

Tranquilidade económica para poder traballar, resolver e afrontar os novos proxectos nos que estamos implicados na dirección e no corpo técnico para seguir medrando como club, desde a canteira ata as categorías superiores.

O patrocinador non é o único cambio. Tamén contan con máis equipos. Como se produce isto?

Prodúcese dado que queremos que o Vilalba FS siga crecendo, entón creáronse dous equipos filiais para os dous equipos sénior co fin de dar saída aos rapaces e rapazas que acaban a etapa xuvenil, levan moitos anos no club e queremos que así siga sendo.

Houbo máis cambios a nivel interno?

Si, dado que o club quere seguir medrando e ten ganas de traballar, pois fixemos bastantes cambios, sobre todo na estructura de traballo. Eu paso a ocupar a ser director deportivo e Miguel, que é o coordinador das escolas ademais de segundo adestrador do sénior masculino e feminino. Por outro lado, temos a Ismael Vazquez, que ademáis de ser de Vilalba, é xogador e capitán do equipo sénior, adestrador do filial masculino, e encárgase tamén de levar as redes sociais do club. Xunto con todo isto, temos tamén os adestradores do club e da base, como son; Nuno, Antón, Aitor e Ledín. Por último, indicar que na Xunta Directiva están Alvaro Fraga como presidente, vicepresidente é Manuel Caaveiro, Secretario Julio Guntín e tesoreiro Lexos.

De cara á tempada que obxectivos hai para os primeiros equipos?

Aquí temos unha filosofía de traballo, que para nos é sempre a mesma. Temos ganas de moitas cousas, pero tamén temos os pés no chan, entón o que máis nos gusta é traballar ben, que se vexa reflectido en todo momento o traballo que se fai e ir medrando día tras día. Despois, con repecto ás competicións, máis do mesmo, traballar, mellorar e intentar sempre quedar o máis arriba posible nas clasificacións pero sempre e cando se vexa reflectido todo o dito anteriormente.

E para a base?

Máis do mesmo, aínda que na base, centrámonos moito máis en formar xogadores e á súa vez que se esteñan divertindo mentras apreden. Organización, saber estar, respetar, ser educados e si conseguimos todo isto, despois tanto a nivel persoal como deportivo, as cousas saen solas.

Como é a afección do Vilalba FS? E como se vive o fútbol sala na localidade?

De arriba a abaixo, a firma do convenio para o patrocinio de Forma-T, os conxuntos sénior masculino e feminino e o xuvenil masculino. Abaixo, Quini e Miguel, adestradores principais do club.

Aquí si que me vou a extender un pouco máis, dado que me podo permitir o luxo de decir, que temos unha das mellores afeccions de todo Galicia. Esta afección chamada Frente Smoking, sempre está con nós, nas boas e nas malas, así dá gusto porque sentímonos moi arroupados sempre por todos eles.

Que supuxo e supón a covid para o club?

En primeiro lugar, unha responsabilidade e unha preocupación, para que na práctica deste deporte ninguén fose prexudicado nin contactado e, obviamente, un gasto económico co que ninguén contaba, que non foi fácil de afrontar nin sequera coa axuda recibida da Federación e administracións públicas. E un hándicap a nivel deportivo por non poder desenvolver a competición dun xeito natural, co que iso implica. A partir de hoxe, esperamos que sexa auga pasada e que a competición poida desenvolverse dun xeito natural.

Contan con axuda para manter o club activo, un club tan grande?

Si, recibimos axudas das administracións. Pero se é certo que a nivel local e tendo tantos equipos na división Nacional que levan o nome de Vilalba en toda Galicia, o tratamento podería ser moito mellor, nun nivel preferente no uso das instalacións, o que deixa moito que desexar a nivel organizativo, ao que estou afeito e como se fai en todas as cidades e clubs nos que estiven, tanto na primeira, segunda e terceira división, como no resto das categorías nas que participei. Agardamos que se corrixa polo ben do fútbol sala en Vilalba e das máis de 200 persoas que o practican no noso club e as súas familias, que o fan chegar así e non o entenden.

Que necesidades se lles plantexan?

As necesidades cando queres medrar como club nun Concello no que o fútbol sala é un deporte maioritario e con gran arraigo son moitas, pero hai tres aspectos fundamentais. O primeiro son as instalacións, non pode ser que en Vilalba soamente haxa unha instalación municipal para adestrar e competir varios deportes, hai outras dúas instalacións que non reúnen as condicións para xogar aínda que adestramos nelas porque non nos queda outra.

A segunda é que necesitamos ser un club desde a base para poder ter xente da casa e non ter que andar a buscar por fóra, é decir, os equipos da base teñen que ser do club como pasa na gran maioría dos clubs e non das escolas municipais como ven pasando desde sempre, no fútbol sala, en Vilalba.

E o terceiro aspecto é que habendo deficiencias de instalacións, deberíase adestrar e competir por nivel de categoría, como pasa en todos os concellos de Galicia, non pode ser que un equipo como o feminino que compite na terceira categoría de fútbol sala nacional teña que adestrar nunha instalación impropia da súa categoría e xogar os seus partidos en horarios que non son os máis adecuados porque outros equipos doutras disciplinas de inferior categoría ou que soamente adestran e non compiten ocupan o Pavillón Municipal de Deportes.