Skip to main content
As Pontes

González Formoso disputará a secretaría Xeral do PSdeG a Caballero

Por 28 Setembro, 2021Setembro 29th, 2021Sin comentarios

O alcalde das Pontes e tamén presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso presentará a súa candidatura ás primarias que o PSOE de Galicia celeberará o 30 de setembro para elexir ao seu novo secretario xeral, cargo que obstenta actualmente Gonzalo Caballero.

A candidatura de González Formoso foi aprobada por Ferraz e por Pedro Sánchez e aínda que se barallou esa posibilidade non se fixo o anuncio ata onte.

O Comité Nacional do PSdeG abriu o pasado venres o proceso interno que de renovación da dirección da formación en Galicia. O calendario inclúe a celebración de primarias o próximo 30 de decembro, unhas eleccións que, como marcan os estatutos do PSdeG, celebraranse a dobre volta. Así, a segunda xornada de votación tería lugar o sábado 6 de novembro.

A renovación da dirección do PSdeG culminará coa celebración do XIV Congreso, que terá lugar os días 7 e 8 de decembro no Palacio de Congresos da capital galega. A data elixida, que motiva que a diferenza de en ocasións anteriores os socialistas galegos non celebren o congreso nunha fin de semana, débese á imposibilidade de atopar un local adecuado para reunir por centos de persoas.