Skip to main content
Abadín

Licitan as obras de mellora do CEIP Aquilino Iglesias de Abadín

Por 21 Setembro, 2021Setembro 22nd, 2021Sin comentarios

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade iniciou o proceso de licitación de obras en numerosos centros de ensino da provincia de Lugo, entre os que se atopa o Ceip Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, no que se farán obras de mellora e reforma das instalacións cun orzamento que de preto de 260.000 euros (259.992,24 euros).

Os traballos consisten nunha mellora xeral da carpintería do centro. Principalmente centraranse na substitución de portas e ventás, por unha carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidros de dobre acristalamento, baixo emisivos, acústicos e de seguridade e cámara de aire intermedia. A apertura será oscilobatente.

Inclúese tamén a substitución das caixas de persianas e capialzados, así como a substitución debaixantes en mal estado, illamento de forxado horizontal de cuberta con lá mineral.

Tamén traballarase en diferentes estancias coa colocación de falso teito acústico en aulas, biblioteca, corredores e comedor de placas de 60×60 cm. Colocación de falso teito en aseos e cociñas de placa vinílica normal con placas de 60×60 cm. Substitución de luminarias por equipos LED, con regulación lumínica e detectores de presenza.

Rematarán as obras co pintado de paramentos interiores sobre os que se actúa pola substitución de carpintería.

Finalmente, inclúen a reparación de cuberta de voadizo sobre entrada principal do centro.

O prazo de execución destes traballos é de dous meses e o período para que as empresas presenten as súas ofertas aínda estará aberto ata o 4 de outubro, polo que as obras é probable que empecen antes de que finalice o ano.