Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A veciñanza de Castro manifestouse para a reactivación dos centros de saúde

Por 18 Setembro, 2021Sin comentarios

A veciñanza uniune novamente hoxe nunha concentración diante do centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea co motivo da defensa da sanidade pública e a reactivación dos centros de saúde do concello.

A concelleira e voceira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, explicou que “a veciñanza de Castro de Rei demostrou que está farta dos recortes na atención primaria xa que este concello chairego está acarreando graves demoras na atención ás pacientes e falta de persoal sanitario temos o centro de Castro de Rei pechado e sen novas de apertura, e o centro sanitario de Castro Ribeiras de Lea sen suficiente persoal para atender á veciñanza”.

Os concentrados esixiron a reactivación plena dos centros afirmando “basta das mentiras do Partido Popular tanto na Xunta como no goberno municipal sobre a situación na atención primaria”.

Neste senso, o BNG defende que a mellor maneira de saír da crise sanitaria é reforzando o sistema público de saúde. Por conseguinte, o BNG propón un plan de choque cun investimento de 200 millóns de euros, a contratación de profesionais para os centros de saúde e aumentar o orzamento á atención primaria. A nivel local, o BNG recollerá sinaturas da veciñanza para dirixirse á Consellería de Sanidade esixindo a apertura e dotación de persoal nos centros de saúde da localidade.