Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol adxudica dous proxectos de obra por 150.000 euros

Por 4 Setembro, 2021Setembro 28th, 2021Sin comentarios

O Equipo de Gobierno presidido por José Ángel Santos sigue traballando para facilitar os accesos ao longo do seu municipio, en este caso, con dous proxectos de mellora e pavimentación de camiños e accesos a parcelas agrícolas en varias parroquias.

A primeira obra trátase do proxecto de “Mellora de caminos municipais de accesos a parcelas agrícolas nos lugares de Nodar, A Bouza, Pedrido e Guldriz de Arriba” que foi adxudicada á empresa Jesús y Páramo S.L. O segundo proxecto é o de “Pavimentación do camiño municipal de Guldriz de Arriba á Boleta” adxudicado á empresa Construcciones Cholo S.L. A execución de estas dúas obras suman unha inversión de máis de 150.000 €.

O primeiro proxecto é un contrato de case 104.000€ que se financiará con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). No segundo contrato, para a execución das obras de 50.000€, cóntase con unha axuda concedida pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Son ámbolos dous proxectos de gran importancia para a poboación de Friol, xa que se trata de realizar melloras e mantementos de vías e accesos municipais de varias parroquias do municipio.

As vías e accesos referidos están en malas condicións, debido ás condicións normais do tráfico, ó paso de maquinaria agrícola ou para traballos forestais, ás condicións atmosféricas, ó paso dos anos e a outras causas. Debido ao mal estado actual, o paso de vehículos en algunhas zonas faise incómodo e complicado.

Para o Equipo de Goberno atender e arranxar estas situacións é algo moi importante e no que traballan cada día, e como di o seu Alcalde Jose Ángel Santos “estas actuacións lévanse a cabo para intentar facilitar os desprazamentos de vehículos e maquinaria no día a día dos habitantes do noso Concello, e para que as persoas que veñen ao noso municipio tamén poidan desfrutar do bo estado das nosas vías”.