Skip to main content
Guitiriz

Abre a inscrición a Escola de Música de Guitiriz

Por 14 Setembro, 2021Sin comentarios

A Escola de Música Municipal de Guitiriz abriu xa o prazo de matrícula para o curso 2021/22, prazo que se pechará o día 24 de setembro.

O proceso de matrícula realizarase no Concello.

Impartirase formación en materias como Iniciación, Instrumento e Linguaxe Musical a partir de 8 anos, Banda, Agrupación Moderna e Agrupación Tradicional.

Para máis información ou ante calquera dúbida co pago ou o formulario pódese acudir ao Concello solicitando cita previa no 982 370 109 ou chamar á Escola de Música no 698 107 179.