Skip to main content
Guitiriz

Educando en Familia dará comezo en Guitiriz, Buriz e Parga

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

O programa Educando en Familia dará comezo a próxima semana en Guitiriz, Buriz e Parga, as sedes onde se levará a cabo este ano.

Programáronse reunións para formalizar a inscrición, presentar o programa e dar inicio ao curso. O luns 4 de outubro ás 16:30 horas terá lugar no CEIP de Lagostelle (Guitiriz), o martes 5 de outubro ás 11 horas será na escola de Campoverde (Buriz) e o xoves 7 de outubro ás 16:30 horas no CEIP Santo Estevo de Parga.

Este programa está dirixido especialmente a familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, a mulleres xestantes e lactantes, a mulleres inmigrantes en risco de exclusión social e tamén a escolas infantís, proporcionando orientación familiar no seu ámbito.

Entre as actividades que se levan a cabo nas diferentes sesións están: charlas divulgativas; participación en programas de radio; obradoiros;  biblioteca Itinerante; colaboración con traballadoras sociais, centros educativos, escolas infantís, centros de atención temperá; excursións…