Skip to main content
Meira

Xa está operativa a web para reservar hora na pista de pádel de Meira

Por 9 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira rematou xa as obras de construción da pista de padel, que está situada  ao lado da nova área de autocaravanas, inaugurada no ano 2019.

O Concello abriu xa unha páxina web na que os usuarios de Meira poderán facer a súa reserva on line. Trátase da web https://m.padelconcellomeira.pistas-online.com/, na que poderán reservar cada veciño unha hora e medida por partido, como moito dúas veces ao día de forma consecutiva.

Para calquera dúbida sobre a reserva pode chamarse ao Concello mentres se espera a elaborar a normativa de uso deste centro, que se fará efectiva nos próximos días.

As obras foron financiadas cunha aportación da Xunta de Galicia, dende o departamento de Deportes, e tiveron un orzamento de 28.000 euros, dos que o ente autonómico aportou 20.000 e o resto foi con cargo aos fondos propios do Concello.

A obra conta nun primeiro momento con facer o peche da pista e a intención do Goberno local é cubrila en canto sexa posible, tal e e como explicou o concelleiro responsable desta área, Agustín Méndez.

“O obxectivo será poder cubrirla para utilizala de cara ao inverno, para o que buscaremos tamén financiamento”, indica Méndez.

Segundo explica o concelleiro, esta pista era unha “das promesas que tíñamos para cumprir e xa está en marcha”, engade.