Skip to main content
Muras

Instalan no patio do CEIP Antía Cal de Muras mobiliario e xogos

Por 3 Setembro, 2021Setembro 4th, 2021Sin comentarios

Xa están instalados no patio do CEIP Antía Cal de Muras novos sillas e bancos, solos dameiros e areeiros, subvencionados tras a sinatura do convenio de Cooperación entre a Deputación Provincial e o Concello de Muras.

A Deputación achegou 18.218,88 euros, con cargo ao Orzamento Xeral do exercicio 2020, e o Concello de Muras 981,12 como contribución ao fin común.

Esta acción englóbase dentro da competencia municipal para a promoción do deporte e instalacións e a conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil, primaria ou especial.

Os pequenos poderán dispor destes novos xogos dende o inicio do curso, previsto para estes días.