Skip to main content
Axenda CaducadaMuras

A Feira do Poldro de Muras reduce programación pola covid

Por 23 Setembro, 2021Setembro 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras organizará unha versión diferente da Feira do Poldro o 26 de setembro e que xa é a XXXIII edición. A que xa está considerada Festa de Interese Turístico Galego terá lugar entre as 10:00 e as 15:00 horas no seu lugar habitual na Gañidoira, en plena Serra do Xistral e foi presentada onte no Concello.

A pandemia, que impediu a celebración o ano pasado, deixa restricións esta tempada non haberá probas deportivas, nin demostracións, habituais pola tarde, para evitar aglomeracións non permitidas polas normas e restricións covid-19.

Manterase o mercado e os curros, o núcleo da festa, establecida a demanda dos veciños, que foron os que impulsaron que non se perdera este ano a Feira do Poldro. Xa hai reservados 22 curros con gandeiros procedentes na súa maioría da contorna, a súa maior parte de Muras, Vilalba, Viveiro, Xove ou As Pontes. Os gandeiros participantes recibirán un agasallo de recordo e como en anos anteriores, contarán coa colaboración da asociación Atila.

Tamén se van facer os paseos a cabalo por parte de Puraga e os visitantes contarán coa animación musical da charanga Os Trileiros, así como repoñer forzas nos postos que se situarán na feira ou nos restaurantes de Muras, que ofrecerán menús especiais. Polo momento sábase que haberá un posto para comer polbo.