Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Catorce mozos de Outeiro realizaron prácticas en empresas locais

Por 15 Setembro, 2021Sin comentarios

Durante cinco días catorce mozos e mozas de Outeiro de Rei puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron 9 empresas, entre as que figura unha estación de servizo, un alamcén de papelería, o zoolóxico Avifauna, un centro deportivo ou mesmo unha panadería. Tamén ofreceron os seus servizos outras catro.

Todas estas empresas foron un piar fundamental desta iniciativa; o outro o foron os 14 mozos participantes na mesma que responderon con entusiasmo a este compromiso.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 horas representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi valorada positivamente e que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida por eles e colaborar realizando diferentes actividades.

Para completar o programa, realizouse unha visita ao Viveiro Empresarial da  Fundación CEL en Lugo onde foron recibidos polo seu xerente, Rodolfo Ojea, que tratou entre outros aspectos,  dos servizos que ofrece esta entidade aos emprendedores, ademais de realizar un percorrido polas instalacións e de completar esta visita cun encontro con promotores de interesantes iniciativas empresariais.

Finalmente, as persoas participantes na iniciativa foron recibidas no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, que mantivo un intercambio de impresións e houbo unanimidade á hora de manifestar que todos eles repetirían esta experiencia.

A sétima edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.