Skip to main content
Axenda Caducada

O circuíto de Outeiro acolle unha nova proba de motos

Por 17 Setembro, 2021Setembro 19th, 2021Sin comentarios

O circuíto de Outeiro de Rei acolle esta fin de semana unha nova proba deportiva. Trátase do VF Challenge MR Outeiro II, puntable para o Campionato de Asturias de Velocidade.

A proba desenvolverase para varias categorías, como GP Sport, Minimotos, Supermoto, Minivelocidad, Pitmotard Adulto e Scooter.

A organización lembra que o evento será a porta pechada, polo que non se admitirá público.