Skip to main content
As Pontes

Traballadores de Maessa concéntranse na sede de Endesa antes da reunión sobre o ERE

Por 10 Setembro, 2021Sin comentarios

Traballadores da empresa auxiliar de Endesa Maessa fixeron onte un acto reivindicativo nas instalacións da central pontesa en repulsa polo anuncio dos despidos ya que a empresa presentou un ERE extintivo para os 43 operarios neste centro de traballo. Maessa é a empresa auxiliar que ten o contrato de mantemento integral da central térmica de Endesa.

Xunta, Concello das Pontes, transportistas, sindicatos e Endesa manterán esta tarde en Santiago, ás 16.30 horas, unha reunión para abordar o futuro do persoal directo e indirecto da central térmica das Pontes.

O obxectivo desta cita é poder concretar “compromisos reais e por escrito” de ocupación e carga de traballo para o predesmantelamiento e o desmonte definitivo da central, así como garantías de proxectos de futuro nos que estean presentes os traballadores das subcontratas.

Esta será a segunda reunión que se celebre sobre esta cuestión, reunión na que non estiveron representantes da central pontesa, o que causou unha gran crítica por parte dos sindicatos.

Desde os sindicatos piden compromisos a Endesa pero tamén ao Goberno autonómico para tratar de evitar despedimentos e máis desplazamentos de persoal.