Skip to main content
As Pontes

O grupo de traballo por unha transición xusta nas Pontes volverá reunirse a próxima semana

Por 12 Setembro, 2021Sin comentarios

O grupo de traballo local por unha transición xusta voltará a reunirse a vindeira semana coa Xunta de Galicia e Endesa co obxectivo de afondar nos compromisos da Térmica co mantemento de emprego vinculado á central térmica das Pontes.

Este foi o acordo ao que se chegou na reunión mantida en Santiago na que estiveron presentes representante o vicepresidente económico da Xunta de Galicia, Francisco Conde, representantes de Endesa, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, a concelleira de Industria, Ana Pena, representantes de UGT, CC.OO, e CIG, así como os portavoces do colectivo de transportistas.

“O período de presentación de alegacións ao informe de impacto ambiental do peche da central térmica rematou o pasado día 9, pero aínda faltan varios informes perceptivos para que poida concluír o procedemento. Endesa trasladou a súa  necesidade de coñecer os resultados dos mesmos, así como os prazos dos trámites administrativos posteriores, para establecer un cronograma de actuacións e poñer sobre a mesa compromisos sobre o mantemento do emprego. Entre o luns e o martes volveremos a falar para fixar unha nova reunión na que continuar as conversas” indican desde o Grupo de Traballo Local..