Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un hackatón de domótica nas Pontes

Por 21 Setembro, 2021Outubro 2nd, 2021Sin comentarios

O vindeiro 2 de outubro en Amigus Labs, farase un hackatón de domótica e IoT utilizando software e hardware libre.

As persoas participantes aprenderán como unificar e configurar todos os dispositivos con Home Assistant, desde a instalación e configuración básica a integracións e configuracións máis complexas para facer que a casa pense por elas.

Esta sesión terá lugar durante toda a xornada do sábado, entre 10:30 e 19:00 horas, en Amigus Labs arte e creación dixital, na praza do Hospital 14.

A inscrición pode facerse a través da web do grupo.