Skip to main content
As Pontes

Abre o prazo do concurso de ideas para o rediseño de prazas no poboado do Barreiro

Por 17 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes abriu o prazo para presentar propostas para a reforma integral da praza principal do Poboado do Barreiro e as prazas adxacentes.

A finalidade deste concurso, posto en marcha en colaboración coa delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, é recoller ideas para o rediseño deste espazo e a súa controna e convertirlo nun lugar para o encontro veciñal e o lecer, sostible e baseado en criterios de eficiencia ambiental e accesibilidade.

Lorena Tenreiro, concelleira de Organización Interna apunta que “o Concello das Pontes convoca este concurso de ideas co obxectivo de seleccionar a mellor proposta desde o punto de vista urbanístico, arquitectónico, patrimonial, funcional, de accesibilidade pero tamén paisaxístico e medioambiental para mellorar calidade de vida da veciñanza e dar reposta ás súas demandas”

Entre as propostas que se presenten, un xurado profesional, seleccionará o proxecto gañador que será premiado con 8.000 euros. Concederase tamén un segundo premio de 3.000 euros e dous accésits valorados en 1.500 euros.

As propostas deberán presentarse físicamente no Rexistro Municipal do Concello das Pontes, ata o 2 de novembro, e poderán concursar persoas con titulación en arquitectura e enxeñería de camiños, canles e portos, con plena capacidade de obrar e non se atopen incursas nas prohibicións e incompatibilidades para contratar coa Administración segundo a normativa vixente, e que acrediten a súa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.

Toda a información sobre o concurso está a disposicón das persoas interesadas no perfil do contratante do Concello das Pontes conectado á Plataforma de Contratos do Sector Público https://concelloaspontes.org/perfil-do-contratante así como na páxina web do COAG