Skip to main content
As Pontes

Abre un novo prazo para solicitar as axudas á escolarización nas Pontes

Por 21 Setembro, 2021Sin comentarios

Xa está aberto nas Pontes o prazo para a tramitación das solicitude da axuda ás familias para a escolarización dos seus fillos/as da convocatoria extraordinaria de setembro. O prazo para formalizar as solicitudes será do 20 ao 30 de setembro de 2021.

Esta convocatoria vai dirixida ás familias con fillos e/ou fillas empadroados/as no Concello de As Pontes, que por obrigación, tiveran que formalizar a matrícula no seu Centro, neste mes setembro.

O obxectivo desta convocatoria de axudas destinadas a material escolar, ás que o Concello das Pontes destina este curso 40.000 euros,  é a promoción da igualdade no dereito á educación e compensar ás familias polos gastos derivados da escolarización no inicio do curso.

A contía individual para cada persoa beneficiaria segundo o seu curso é de 30 € para Educación Infantil (de 0 a 3 anos) e de 100 € para Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e Educación Primaria e Secundaria. No caso de cursar a FP Básica a axuda será de 80 € e de 140€ para alumnado de Bacharelato ou Ciclos formativos.

As persoas beneficiarias destas axudas son o pai/nai, ou titor/a legal do alumnado empadroado nas Pontes e que vaia cursar formación nos centros educativos do municipio. Ademais de estar empadroado no momento da solicitude, é requerido que a renda da unidade familiar non supere os 20.500 € ou no caso das familias numerosas incrementarase esta cifra en 850 € a partires do/a terceiro/a fillo/a.

A presentación de solicitudes levarase a cab no Rexistro Municipal (necesaria cita previa nos teléfonos (667129389 / 667129380) ou a través da sede electrónica municipal

Para máis información para a recollida de impresos, poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso). Teléfonos información: 981441008, 667129336 ou 667129335.