Skip to main content
As Pontes

Unhas 11.500 persoas pediron información no PIT das Pontes

Por 29 Setembro, 2021Setembro 30th, 2021Sin comentarios

Un total de 11.510 visitantes achegáronse durante os meses de verán de 2021 ata o Punto de Información Turística (PIT), ubicado no Lago das Pontes, para recibir información xeral sobre a vila pontesa.

A concelleria de Turismo, Elena Lopez, sinala que “feitos como a consecución da bandeira azul reforza ao lago das Pontes como un destino familiar e para a práctica deportiva, convertíndose nun dos principais atractivos do noso municipio. Isto, unido ás accións contempladas no Plan de Sustentabilidade do Eume, posiciona a As Pontes como un punto tractor da comarca”

Segundo os datos do Punto de Información Turística das Pontes, o 45% das persoas visitantes proceden de fóra de Galicia, principalmente de Madrid (43%) , Asturias (16%) e o País Vasco (11%).

As persoas visitantes procedentes de Galicia representan o 43% dos/das visitantes e chegan desde a provincia da Coruña, principalmente desde a comarca de Ferrolterra mentras que os/as visitantes internacionais representan o 2% e proceden de Alemaña, Holanda e Francia.

O principal medio de acceso ao lago é o coche, sendo 7.124 as persoas que optaron por esta opción mentres que 2.441 se achegaron ao lago andando. Preto de 1.200 persoas fixérono en bicicleta.

Desde o PIT subliñan o importante crecemento do número de visitantes que se achegaron ao lago das Pontes en autocaravanas, chegando, no mes de agosto, a pernoitar, diariamente, máis dunha vintena de autocaravanas.

“Estamos ante unha modalidade de turismo en auxe debido á independencia e seguridade que ofrece este tipo de vehículos fronte á Covid 19 e ás vantaxes que ofrece en canto a liberdade de movemento. Este cambio de tendencia, levan ao Concello das Pontes a seguir traballando na creación de novas infraestructuras que dean resposta a esta realidade e lograr, deste xeito, vincular a afluencia de turistas, que chegan en autocaravana, coa vida socioeconómica da vila a través de novos servizos e dotacións.” indica Elena López.

Os visitantes que se achegaron ata o punto de información turística solicitaron información xeral sobre o municipio (aloxamento, establecementos hostaleiros e restaurantes, compra de produtos locais), destacando tamén as consultas sobre as actividades acuáticas no lago, a historia da controna do lago ou sobre os roteiros de sendeirimos e BBT existentes nas Pontes.

Por outra banda, un cuestionario realizado aos visitantes que se achegaron ata o punto de información turística do Lago revelou que o 100% das persoas enquisadas recomendaría As Pontes como destino turístico e o 93% repetiría destino.