Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Organizan un taller de teatro en outubro en Rábade

Por 26 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade organiza en outubro un taller de teatro. Desenvolverase en sesións de dúas horas semanais os xoves, en horario de mañá, de 11.00 hs a 13.00 horas.

As sesións comezarán o 7 de outubro e se prolongarán ata xuño de 2022.

A través deste taller, os participantes atoparán un espazo de esparcimento cultural e creativo no que poder dar renda solta a súa creatividade e a súa orixinalidade. Chegará así o teatro a tódalas idades e este grupo de teatro aporta a volta á ilusión, o dinamismo e a vitalidade.