Skip to main content
Vilalba

Vilalba contará cun novo aparcadoiro

Por 4 Setembro, 2021Sin comentarios

Vilalba contará cun novo aparcadoiro que se habilitará nunha zona ao carón do casco histórico. Esta nova zona de estacionamento, gratuíto e disuasorio, terá máis de 2.300 metros cadrados e unha capacidade para máis de setenta vehículos. As persoas que o utilicen están a un minuto andando da praza de Santa María e moi preto do auditorio ou o Parador de Turismo.

Mentres non rematen as obras na rúa das Pedreiras, o acceso será pola rúa da Pedra, ben sexa subindo pola rúa da Ferrería e xirando á esquerda ou baixando pola rúa do Sol e xirando á dereita.