Skip to main content
Vilalba

Vilalba xa loce a escultura de Manuel María diante da casa da cultura

Por 6 Setembro, 2021Sin comentarios

A nova escultura, no acto de inauguración. Foto Chema Fel

Vilalba luce xa diante da súa casa da cultura a escultura en pedra de Manuel María realizada por José Gómez de Bernardo.

O Iescha, Instituto de Estudos Chairegos doou ao pobo esta talla en granito a tamaño real que mira ata a propia casa da cultura e dá as costas á rúa dos Pepes.

O descubrimento desta figura dedicada ao poeta da Terra Chá foi un acto conmemorativo no que falaraon distintos persoeiros da vida política e cultural, como Elba Veleiro, Marisa Barreiro, Alberte Ansede, Felipe Senén, Saleta Roi e o artista canteiro.

Tamén actuaron Buxos Verdes e Cris Román, que puxeron o toque musical á xornada, na que non faltaron as alusións ao desexo de que nun futuro a casa da cultura leve o nome de Manuel María pois “Manuel cantoulle a Vilalba e á Chaira enteira e tivo a deferencia de escoller esta vila para tomar asento como académico da RAG. O Pobo de Vilalba está en débeda con el”, lembraron durante a inauguración.