Skip to main content
Vilalba

Abre o luns o prazo para inscribirse en Vilalba nos cursos de natación

Por 11 Setembro, 2021Sin comentarios

O prazo de inscrición para os cursos de natación 2021-2022 na piscina municipal de Vilalba estará aberto dende o 13 ata o 19 de setembro e as clases darán comezo o vindeiro 1 de outubro.

En total, ofértanse 130 prazas para nenos e nenas a partir dos 4 anos en horario de tarde. Nestes cursos dirixidos á infancia, os participantes dividiranse en niveis de familiarización, para nenos que só asistiron un ano ou é a súa primeira vez; iniciación, para aqueles que xa asistiron dous anos consecutivos á piscina; e medio, para quen xa nada a diferentes estilos.

No caso dos adultos, ofértanse 42 prazas en nivel de iniciación en quendas de mañá e de tarde. En tódolos casos os grupos non superarán as 6 prazas. Os prezos son de 75€ por trimestre no caso de 2 sesións semanais para os adultos, 60€ por trimestre para 2 clases á semana no caso dos nenos e 30€ por trimestre para 1 clase semanal para os menores.

As prazas adxudicaranse por sorteo informático, que se realizará o 20 de setembro na propia piscina. O día 27 de setembro exporase no taboleiro da piscina e do Concello de Vilalba a lista de admitidos, que deberán formalizar a súa matrícula.  Recórdase que os participantes deberán cumprir a normativa da piscina, así como os protocolos sanitarios pertinentes.

Para realizar as inscricións é posible acudir á Piscina Municipal ou no teléfono 982 512 530 ou pedir máis información no enderezo electrónico usuariospiscinavilalba@clece.es