Skip to main content
Vilalba

Camiño Escena Norte chegará ao auditorio de Vilalba o 1 de outubro

Por 23 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará, a partir do vindeiro 12 de setembro e até o 10 de outubro, numerosas propostas escénicas de diversas disciplinas e formatos por nove localidades galegas.

Este proxecto pretende, por terceiro ano consecutivo, expandir e dinamizar o sector escénico que se vertebra arredor do territorio que percorre o Camiño no Norte da península.

Unha das actuacións previstas será Vilalba onde, Marie de Jongh (Euskadi) representará Ikimilikiliklik. Mi pequeña, de Jokin Oregi o día 1 de outubro ás 18.00 horas no auditorio Municipal Carmen Estévez. Terá entrada libre previa reserva en www.entradasvilalba.es, e está dirixida a un público infantil e familiar. Ao finalizar a función, haberá encontro entre o público asistente e a compañía.