Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba acusa ao Concello de neglixencia no funcionamento dos servizos públicos

Por 11 Setembro, 2021Setembro 12th, 2021Sin comentarios

Critican que non se puxeran en marcha os Madrugadores, o comedor da EEI, o contrato da recollida de lixo ou as axudas a autónomos pola covid.

O voceiro do Partido Popular no Concello de Vilalba, Agustín Baamonde, acusou ao Goberno local de “neglixencia” no funcionamento dos servizos públicos. O popular fixo referencia á situación do comedor da Escola Infantil, comprometido antes do verán, e do servizo de madrugadores, “todo o mundo sabe que son dous servizos que teñen que funcionar dende o primeiro día, moi necesarios para a conciliación pero empeza o curso e non están listo nin o un nin o outro”.

Os populares de Vilalba lamentan “o prexuízo que lles causan ás familias que o goberno local non sexa capaz de poñer en marcha o servizo Madrugadores, un recurso fundamental para a conciliación, a poucos días de iniciar o curso escolar 2021/2022”.

“É vergoñento que as familias teñan que buscar, á última hora e ás présas, outros recursos para compaxinar o seu horario de traballo co horario dos centros escolares vilalbeses a onde acoden os seus fillos e fillas”, manifestan.

Ademais, indican dende o PP de Vilalba que “as ludotecas están pechadas e os pais e nais que facían uso deste servizo para conciliar non poden dispoñer deste tipo de recurso”.

“Cando o Concello debe ser unha administración que favoreza a prestación de servizos aos veciños e veciñas; este goberno convérteo nunha fonte de problemas para as familias. Os vilalbeses e vilalbesas estanse acostumando á incerteza xerada pola falta de eficiencia do goberno socialista porque, lamentablemente, esta situación non é nova”, manifestan.

OUTROS ASUNTOS PARALIZADOS

O voceiro fixo referencia a unha serie de accións e necesidades de Vilalba “das que nada se sabe aínda”.

Así, volveu indicar Baamonde que as axudas prometidas ao sector hostaleiro seguen sen redactarse e concedenrse, cando foran un tema aprobado en pleno.

Tamén chamou a atención sobre o contrato do lixo “finalizado o 30 de setembro do ano pasado e que ao non terse nin prorrogado nin licitado, está funcionando pola vía de feito nunha clara situación de alegalidade.

“No pleno do ano pasado a alcaldesa prometera que se iniciaría o proceso para a contratación do servizo e seguimos como estabamos nunha situación de alegalidade manifesta”.

“A consecuencia é que os tempos no concello teñen carácter eterno, eso trae como consecuencia problemas para os cativos no comedor, madrugadores e non falemos de comerciantes e autónomos”, explicou o ex alcalde de Vilalba.

SITUACIÓN NA MADALENA. Os populares criticaron tamén a neglixencia do Concello “á hora de solucionar o problema que ten o río cada vez que se produce unha tormenta”.

Segundo lembra o concelleiro na oposición, o río recibe un aluvión de auga suxa porque a depuradora non é capaz de procesar a avenida de auga e verte ao río. Este problema atoría a súa solución se se instalarse un tanque de tormentas.

“Censuramos ao equipo de Goberno porque aínda que non creou o problema, convertiron nun tema fundamental da súa campaña o cambio da depuradora rexeitando de plano a idea de tanque de tormentas. Facer unha depuradora nova é unha quimera e innecesario xa que agora mesmo a depuradora está dimensionada de sobra para atender a toda a poboación de Vilalba e os verquidos ao río en momentos de tormenta poden solucionarse doutro xeito”, explicaou Baamonde.

Segundo explica, “costaría arredor de 12 millóns de euros facer unha nova, cartos que o concello non ten e Augas de Galicia non investirá neso cando a que hai funciona ben e é apropiada pero si podería facerse un tanque de tormentas.

Para Baamonde ésta acción é máis importante á hora de investir que a construción dun parque acuático novo en Vilalba “cando xa tiñamos un que funcionaba perfectamente”.

“O máximo responsable da Confederación estivo en Vilalba nestes dous anos polo menos tres veces e non trouxo para a vila máis que un pequeno investimento para a retirada de árbores”, engadiu.

“Nosotros temos manifestado reiteradamente que o parque acuático funcionaba extraordinariamente ben, tiña un uso intenso, sempre abarrotado cunha capacidade de 300 persoas. É un despropósito e algo que nos chama a atención que conseguiran cartos da Deputación para facer un parque acuático e non para arranxar a situación do río.