Skip to main content
Vilalba

Proxección sobre Xela Arias este sábado en Vilalba

Por 10 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Chega a Vilalba o documental Xela Arias. Poeta nas marxes, cuxas proxeccións se encadran dentro do proxecto que leva a SXPL a concellos da RDL da Xunta de Galicia no marco da programación institucional Letras Galegas 2021 para dar a coñecer a figura, a vida e a obra da autora homenaxeada pola RAG este 17 de maio.

A proxección terá lugar este sábado, 11 de setembro, ás 20.00 horas no auditorio municipal.

Aínda que o evento é gratuíto, haberá que mercar as entradas como reserva de aforo.