Skip to main content
Vilalba

Buscan financiamento para mellorar o aspecto do edificio do servizo de Atención Temperá de Vilalba

Por 11 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba vai solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para corrixir o impacto na contorna urbana da fachada do edificio municipal onde se presta actualmente o servizo de Atención Temperá.

En concreto, pedirá 25.000 euros nunha convocatoria de axudas para renovar fachadas “que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da inexistencia dun adecuado acabado final, o deficiente estado de conservación ou a tonalidade e intensidade da actual cor de acabado”.

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas de que, no caso de non obter a axuda autonónica, acometerá a actuación con fondos municipais.