Skip to main content
Vilalba

Vilalba abre o prazo de inscrición do servizo de Madrugadores, que comezará a finais de mes

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

Finalmente, o servizo de Madrugadores retrasará o seu inicio pero xa está aberto o prazo para a solicitude de praza para este curso 2021-2022. O prazo pecharase o mércores, 15 de setembro.

“Por unha cuestión de procedemento administrativo e cumprimento de prazos, o servizo non comezará a prestarse ata finais do mes de setembro, momento no que entrará en vigor o regulamento pertinente”, explicaron dende o Concello.

Dito regulamento está en período de exposición pública, logo de ter sido aprobado pola corporación municipal no derradeiro pleno ordinario celebrado no mes de xullo.

“Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar ás familias”, explicaron dende o Concello ante as numerosas críticas xurdidas por este retraso.