Skip to main content
Vilalba

Pavón anuncia a súa dimisión por motivos persoais

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

O primeiro tenente de Alcalde de Vilalba, Rodrigo Pavón Prieto, anunciou a súa dimisión “por motivos personais” esta tarde na casa de cultura nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo membros do partido e a alcaldesa, Elba Veleiro.

Os rumores da súa dimisión xa circularan antes do Nadal, cando o socialista comunicara á militancia a súa intención alegando “motivos persoais” para tomar esta decisión.

Como naquel momento, o concelleiro asegurou que a súa dimisión débese a motivos persoais e que foron “moitos anos de compromiso co partido”. Pavón foi responsable da creación das xuventudes socialistas, actuou catro anos como concelleiro na oposición e foi un dos membros do partido que o levou ata a primeira vitoria electoral dos socialistas no feudo do Partido Popular de Vilalba. Tamén desempeñou este tempo de lexislatura o seu papel como concelleiro de Espazos Cidadáns, relacións coa veciñanza e servizo e primeiro tenente de alcalde.

Cando se cumplían dous anos e medio como secretario de organización, Pavón asegurou que “pasado un tempo prudencial tralos éxitos acadados na campaña electoral, é tempo de dar un paso ao lado e deixar a outros que tomen as rendas”.