Skip to main content
Vilalba

Os empresarios de Vilalba presentan a súa plataforma de venda on line

Por 15 Setembro, 2021Sin comentarios

O martes celebrouse a xornada final Demoday dos Obradoiros 4.0 O momento da transformación dixital e das Xornadas As industrias estratéxicas de Vilalba: O reto 4.0 organizados pola Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba e nos que participaron máis de 30 asociados ao longo dos últimos 8 meses.

A través de ambas as accións formativas, organizadas pola Asociación de Empresarios Sete Pontes e financiadas polo Igape da Xunta de Galicia, unha trintena de autónomos, microempresas e pequenas empresas de todo tipo de sectores pertencentes á Asociación sentaron as bases para afrontar o reto da transformación dixital e identificar oportunidades ao redor dela como elemento de apoio para afrontar a situación económica actual.

Como resultado de meses de traballo presentouse a plataforma colaborativa vilalbasuma.org, un marketplace que servirá como punto de encontro do comercio local e no que os participantes poderán iniciarse na venda en liña, así como afrontar o reto da transformación dixital como unha oportunidade de impulso aos seus negocios.

O evento tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios Sete Pontes, situada no Polígono Industrial de Vilalba e contou coa participación de representantes da Xunta de Galicia e grupos políticos municipais. Asistiron tamén os representantes das empresas que se sumaron a esta iniciativa.