Skip to main content
Vilalba

A biblioteca de Vilalba amplía o seu horario unha hora máis

Por 16 Setembro, 2021Sin comentarios

A biblioteca municipal de Vilalba abrirá a partir de hoxe unha hora máis ao público polo que pasará a ter un horar de 10 a 13 horas e de  15:30 a 20:30 horas

Os servizos de préstamo e devolución, así como as aulas de estudo, estarán dispoñibles durante toda a xornada, de luns a venres.

Porén, para servizos técnicos máis especializados como reservas, renovacións, referencia ou préstamo interbibliotecario, solicítase dende o centro que se fagan ou ben en horario de mañá, ou pola tarde antes das 18:30h.

Tamén pódese empregar a vía telemática para calquera consulta no teléfono 982 51 22 32, no correo: vilalba.rbgalicia@eidolocal.es ou  a través de whatsapp no 626 399 329.

Aproveitando a volta ao cole, está dispoñible unha mostra de Educación, así como a de Editoriais Independentes anunciada hai semanas.