Skip to main content
Vilalba

Licitan as obras de mellora no CEIP Mato Vizoso de Vilalba

Por 23 Setembro, 2021Sin comentarios

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade iniciou o proceso de licitación de obras en numerosos centros de ensino da provincia de Lugo, entre os que se atopa o CEIP Mato Vizoso de Vilalba, no que se farán obras de mellora e reforma das instalacións cun orzamento que de preto de 190.000 euros (189.052,93).

As obras consisten na substitución das ventás existentes que non foron substituídas nos últimos anos. Disponse unha nova carpintería similar ás colocadas recentemente (ventás con apertura oscilobatiente, con dobre acristalamento). Esta mellora realizarase en todas as ventás do edificio secundario e nalgunhas do edificio principal.

Ademais, instalarase un ascensor exterior para 8 persoas con 4 paradas (planta baixa, primeira, segunda e terceira) nun dos dous núcleos de escaleiras do edificio principal para mellorar as condicións de accesibilidade no centro. No edificio principal, tamén se procederá á substitución das carpinterías interiores do edificio en aulas, despachos, salas de profesores por unha nova carpintería laminada de taboleiro fenólico.

As portas que dean acceso a aulas terá unha superficie acristalada acorde coa intención dunha maior visualización do traballo dos docentes. Ademais, no edificio principal pintaranse interiormente os dous núcleos de escaleira.

O prazo de execución destes traballos é de dous meses e medio e o período para que as empresas presenten as súas ofertas aínda estará aberto ata o 4 de outubro.