Skip to main content
Vilalba

Veleiro remodela o Goberno local cun novo reparto de competencias

Por 24 Setembro, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, anunciou esta mañá a remodelación de goberno para facer fronte á segunda metade do seu mandato. Unha nova distribución de responsabilidades para dar continuidade ao proxecto iniciado no 2019 tras o cambio histórico no municipio e que se produce trala dimisión do primeiro teniente de alcalde, Rodrigo Pavón, que se fará efectiva no próximo Pleno.

A edil Marta Rouco asumirá a portavocía do Grupo de Goberno e ocupará a primeira tenencia de alcaldía. Ás súas áreas de Políticas Sociais e Comercio, suma as delegacións de Economía e Facenda. No tocante á xestión do persoal, porase á fronte a nova incorporación do executivo, Eduardo Vidal, deputado provincial e concelleiro na anterior lexislatura. Coa súa chegada ao equipo de goberno, que se fará efectiva en sesión plenaria logo dos trámites pertinentes, comezará a dirixir as delegacións de Réxime interno, Seguridade cidadá e Servizos.

A rexedora, Elba Veleiro, responsabilizarase da xestión directa no relativo á Promoción do territorio e Turismo.

Coa remodelación anunciada, a distribución das áreas delegadas quedaría da seguinte forma:

  • Elba Veleiro, alcaldesa, Promoción do territorio e Turismo
  • Marta Rouco, concelleira de Políticas Sociais, Economía e Facenda, e Comercio
  • Eduardo Vidal, concelleiro de Réxime interno, Seguridade cidadá e Servizos
  • Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas e Urbanismo
  • Vanesa Siso, concelleira de Cultura, Comunicación e Igualdade
  • Ignacio Criado, concelleiro de Medio ambiente e Rural
  • Antía Rama, concelleira de Educación, Infancia e Mocidade, Feiras e Mercados
  • Xosé Teixeiro, concelleiro de Deportes