Skip to main content
Vilalba

Vilalba acolle en outubro e novembro obradoiros dirixidos a mulleres coidadoras

Por 25 Setembro, 2021Sin comentarios

A casa da cultura de Vilalba acollerá en outubro e novembro obradoiros dentro do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras. Trátase dun servizo financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e está dirixido a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar mediante un servizo de apoio integral.

Os contidos versarán sobre saúde e autocoidado, destión do tempo, habilidades comunicativas e xestión emocional.

Dentro da programación deste servizo, en Vilalba vanse levar a cabo unha serie de talleres dirixidos a mulleres coidadoras e impartidos por profesionais de Fundación Mujeres.

Os talleres, que son gratuítos, realizaranse na Casa da Cultura os martes entre o 5 de outubro e o 30 de novembro en horario de 10.30 a 12.30 h e as mulleres interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro chamando ao Centro de Información ás Mulleres no número 982 523 032.