Skip to main content
Xermade

Xermade rende homenaxe a unha moza de Cazás polos seus logros en doma clásica

Por 17 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade rendeu unha homenaxe onte  a Carolina Yumey Graña, veciña de Cazás, que quedou terceira no primeiro campionato autonómico de doma clásica ao que se presentaba.

A deportista foi recibida, acompañada polos seus pais, polo alcalde e membros da Corporación que a felicitaron polos seus logros e animaron a seguir traballando nesta disciplina.

Carolina conta con 15 anos e a súa mira está posta agora no Campionato de España, ao que espera poder presentarse o ano que vén.

Comezou na equitación con menos de dez anos e de seguido interesouse pola doma. Malia que aprendeu con outros cabalos agora xa conta con montura propia e adestra con regularidade toda as semanas.