Skip to main content
Uncategorized @gl

Brusco descenso de casos e dúas novas defuncións

Por 1 Setembro, 2021Setembro 2nd, 2021Sin comentarios

A covid colle algo máis de ritmo na súa contención.  a tendencia á baixa. Así, hai 1.402 casos activos, 35 menos que onte, cun rexistro de 52 novos positivos e 107 altas. Onte a baixada foi de 20 casos, con 52 novos enfermos e 70 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.221 casos rexistrados e 235 persoas falecidas, 18 nesta quinta vaga, trala morte de dúas mulleres de 87 e 93 na residencia das Gándaras.

A presión hospitalaria descende. Hai 27 persoas ingresadas en tres hospitais (5 menos). Na UCI do Hula seguen 4 ingresados, e nas diferentes plantas son 23 os enfermos; 19 están no de Lugo (3 menos), 3 na Mariña e 1 en Monforte (2 menos).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
    • No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

O comité clínico avanzou un novo cambio de restricións que será efectivo a partir da madrugada do sábado e que deixaría a Monforte no nivel máximo. No alto situaranse Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.

Finalmente no medio estarán Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.

POR COMARCAS

Tendencia xeral á baixa en todas as zonas agás nos puntos aqueixados polos gromos. Destaca a recuperación das cifras en Lugo ante o aumento de Ribadeo e Baralla principalmente.

A Mariña

  • A Pontenova segue con 13.
  • Alfoz xa leva unha semana sen casos.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo leva sen positivos unha semana.
  • Foz sobe ata 21 (2 máis).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos na última semana.
  • Ribadeo sobe 4 ata 25.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro ten 24 casos, 1 menos.
  • Xove xa leva sen casos quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza mantén 41.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte queda en 16.
  • Castro de Rei queda en 51.
  • Cospeito estáncase en 23.
  • Friol continúa con 12.
  • Guitiriz baixa a 10 casos (1 menos).
  • Meira volve a baixar ata 10 (1 menos).
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei baixa a 18 (2 menos).
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade xa está por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba reduce 1 ata 44 casos.
  • Xermade volve a ter algún caso.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, sen casos novos nunha semana.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria baixa 1 máis ata 24.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada xa está sen casos novos na última semana.
  • Antas de Ulla mantén 11 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla vovle subir ata 53, 8 máis.
  • Baleira, sen casos novos na última semana.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, xa está sen casos na última semana.
  • Guntín con menos de 10 casos.
  • Lugo descende drasticamente, 52 casos menos.
  • Monterroso suma 1 máis ata 36.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sobe ata 29 con 1 caso máis.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón volve ter algún caso.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, unha semana sen casos.
  • Chantada sobe 1 ata 39.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 272, 18 máis.
  • O Saviñao segue con 28.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga sobe a 11 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober sobe a 11 casos (1 máis).
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.