Skip to main content
Uncategorized @gl

Volve subir a presión hospitalaria e os casos activos estáncanse

Por 2 Setembro, 2021Setembro 3rd, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo mantén o mesmo número de casos activos que onte pero mantén a súa tendencia á contención. Así, hai 1.402 casos activos, cun rexistro de 58 novos positivos e 57 altas. Onte a baixada foi de 35 casos, con 76 novos enfermos e 107 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.280 casos rexistrados e 236 persoas falecidas, 19 nesta quinta vaga, trala morte dun home de 64 anos na residencia das Gándaras.

A presión hospitalaria volve subir. Hai 33 persoas ingresadas en tres hospitais (6 máis). Na UCI do Hula seguen 4 ingresados, e nas diferentes plantas son 29 os enfermos; 24 están no de Lugo (5 máis), 4 na Mariña (1 máis) e 1 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
    • No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

O comité clínico avanzou un novo cambio de restricións que será efectivo a partir da madrugada do sábado e que deixaría a Monforte no nivel máximo. No alto situaranse Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.

Finalmente no medio estarán Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.

POR COMARCAS

As zonas que se incorporan o sábado ao sistema de alertas están subindo en número de casos mentres no resto hai unha tendencia xenérica á baixa agás nas zonas de gromos.

A Mariña

  • A Pontenova segue con 13.
  • Alfoz xa leva unha semana sen casos.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo volve ter algún caso.
  • Foz baixa a 19 (2 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos na última semana.
  • Ribadeo sobe 2 ata 27.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro ten 22 casos, 2 menos.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 42 (1 máis).
  • Abadín xa leva sen casos unha semana.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte reduce a 15 (1 menos).
  • Castro de Rei baixa 1 ata 50.
  • Cospeito sobe 1 máis e chega a 24 casos.
  • Friol continúa con 12.
  • Guitiriz xa está por debaixo de 10 casos.
  • Meira suma de novo ata 11 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei baixa a 16 (2 menos).
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba continúa con 44 casos.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, sen casos novos nunha semana.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela contabiliza 10 casos.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria sobe de novo 2 casos e xa son 26.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, sen casos novos na última semana.
  • Antas de Ulla mantén 11 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla mantén os 53 de onte.
  • Baleira, sen casos novos na última semana.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, sen casos na última semana.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo descende de novo, 9 casos menos ata 317.
  • Monterroso suma 3 máis ata 39.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, mantén 29 casos.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón volve ter algún caso.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, unha semana sen casos.
  • Chantada sobe 1 ata 40.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte empeza a baixar. Son 269, 3 menos.
  • O Saviñao baixa 2 ata 26.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga segue con 11 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober mantén 11 casos.
  • Taboada sobe ata 12 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.