Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia continúa coa contención de contaxios de covid

Por 3 Setembro, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo volve sumar casos positivos pero un número pouco significativo xa que só son 6 máis que onte polo que continúa a contención do virus. Así, hai 1.408 casos activos, cun rexistro de 53 novos positivos e 47 altas. Onte non houbo movemento de casos, con 58 novos enfermos e 57 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.333 casos rexistrados e 236 persoas falecidas, 19 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria mantense. Hai 332 persoas ingresadas en tres hospitais (1 menos). Na UCI do Hula os ingresos baixan a 2 (2 menos), e nas diferentes plantas son 30 os enfermos (1 máis); 23 están no de Lugo (1 menos), 5 na Mariña (1 máis) e 2 en Monforte (1 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito ata o sábado:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
    • No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

O comité clínico avanzou un novo cambio de restricións que será efectivo a partir da madrugada do sábado e que deixaría a Monforte no nivel máximo. No alto situaranse Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.

Finalmente no medio estarán Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.

POR COMARCAS

Os concellos de menor poboación empezan a rexistrar semanas limpas de covid mentres os grandes seguen en contención. Destaca a caída de casos en Monforte.

A Mariña

  • A Pontenova baixa a 12 casos (1 menos).
  • Alfoz leva unha semana sen casos.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz baixa a 18 (1 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos na última semana.
  • Ribadeo sobe 1 ata 28.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro ten 25 casos, 3 máis.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 42 (1 máis).
  • Abadín, sen casos en unha semana.
  • As Pontes, por debaixo de 10.
  • Begonte reduce a 11 (4 menos).
  • Castro de Rei baixa 3 ata 47.
  • Cospeito segue con 24 casos.
  • Friol continúa con 12.
  • Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
  • Meira reduce a 10 casos (1 menos).
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei baixa a 13 (3 menos).
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba reduce a 39 casos (5 menos).
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, sen casos novos nunha semana.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela contabiliza 10 casos.
  • Samos xa está sen casos unha semana.
  • Sarria continúa con 26.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, volve ter algún caso.
  • Antas de Ulla reduce ata 10 (1 menos).
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla reduce 1 ata 52.
  • Baleira, xa leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, sen casos na última semana.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo recupera 3 casos ata 320.
  • Monterroso descende 1 ata 38.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei sobe a 30 casos (1 máis).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón sobe ata 11 casos.
  • Bóveda xa leva unha semana sen casos.
  • Carballedo, unha semana sen casos.
  • Chantada reduce a 35 (5 menos).
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte seguen baixando. Son 250, 19 menos.
  • O Saviñao segue con 26.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga sobe a 15 casos (4 máis).
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober reduce a 10 casos (1 menos).
  • Taboada sobe 1 ata 13 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.