Skip to main content
Uncategorized @gl

Brusco descenso de casos activos na provincia

Por 4 Setembro, 2021Setembro 5th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo experimentou un importante descenso de casos activos debido a un elevado número de altas aínda que os contaxios seguen sendo estables. Así, hai 1.315 casos activos, 93 menos que onte, cun rexistro de 63 novos positivos e 155 altas. Onte houbo un crecemento de 6 casos activos, con 53 novos enfermos e 47 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.396 casos rexistrados e 237 persoas falecidas, 20 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria sobe lixeiramente. Hai 33 persoas ingresadas en tres hospitais (1 máis). Na UCI do Hula os ingresos sobe de novo nun máis  (3 en total), e nas diferentes plantas son 30 os enfermos; 21están no de Lugo (2 menos), 6 na Mariña (1 máis) e 3 en Monforte (1 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito dende hoxe:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
    • No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Seguen sumándose os concellos que quedan limpos de covid mentres o virus empeza a desaparecer dos núcleos onde se produciron gromos.

A Mariña

  • A Pontenova baixa a 10 casos (2 menos).
  • Alfoz leva unha semana sen casos.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz baixa a 17 (1 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, sen casos xa nunha semana.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos na última semana.
  • Ribadeo baixa 1 ata 27.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro ten 22 casos, 3 menos.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza reduce a 38 (4 menos).
  • Abadín volve ter algún caso.
  • As Pontes, por debaixo de 10.
  • Begonte reduce a 10 (1 menos).
  • Castro de Rei baixa 2 ata 45.
  • Cospeito ten 22 casos (2 menos).
  • Friol continúa con 12.
  • Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
  • Meira xa está por debaixo de 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei baixa a 11 activos e sen casos a última semana.
  • Pol, sen casos novos nunha semana.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba reduce a 38 casos (1 menos).
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, sen casos novos nunha semana.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela contabiliza 12 casos (2 máis).
  • Samos está sen casos unha semana.
  • Sarria baixa a 22 (4 menos).
  • Triacastela, sen casos novos nunha semana.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla sobe a 13 (3 máis).
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla reduce 1 ata 51.
  • Baleira, xa leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, sen casos na última semana.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo reduce 7 casos ata 313.
  • Monterroso sobe 3 ata 41.
  • Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei sobe a 36 casos (6 máis).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón continúa con 11 casos.
  • Bóveda xa leva unha semana sen casos.
  • Carballedo, unha semana sen casos.
  • Chantada reduce a 33 (2 menos).
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte seguen baixando. Son 232, 18 menos.
  • O Saviñao segue con 26.
  • Pantón volve estar por debaixo de 10.
  • Quiroga reduce 1 a 14 casos.
  • Ribas de Sil volve ter algún caso.
  • Sober volve estar por debaixo de 10.
  • Taboada sobe 1 ata 14 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.