Skip to main content
Uncategorized @gl

Os contaxios e casos activos de covid volven caer bruscante xunto á hospitalización

Por 7 Setembro, 2021Setembro 8th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo experimentou un novo descenso brusco da presenza da covid. Así, hai 1.221 casos activos, 81 menos que onte, cun rexistro de 26 novos positivos e 106 altas. Onte houbo un descenso de 22 casos activos, con 63 novos enfermos e 85 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.529 casos rexistrados e 237 persoas falecidas, 20 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria redúcese tamén. Hai 25 persoas ingresadas en tres hospitais (4 menos). Na UCI do Hula seguen 4 pacientes, e nas diferentes plantas son 21 os enfermos; 14 están no de Lugo (3 menos), 2 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (1 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
    • No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

O gromo de Monforte estabilízase e permite que o Concello baixe o número de casos novos. Tamén reducen a incidencia Baralla, Lugo, A Pastoriza e Castro, os que tiñan máis casos. No resto a situación continúa en melloría.

A Mariña

  • A Pontenova xa leva unha semana sen casos.
  • Alfoz xa son 15 días sen casos.
  • Barreiros, unha semana sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz baixa a 14 (1 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, sen casos nunha semana.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo baixa 3 ata 19.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro segue con 16 casos.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza reduce a 20 (9 menos).
  • Abadín está por debaixo de 10 casos.
  • As Pontes, por debaixo de 10.
  • Begonte, por debaixo de 10.
  • Castro de Rei baixa 4 ata 30.
  • Cospeito segue con 18 casos.
  • Friol continúa con 12 e unha semana sen casos novos.
  • Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
  • Meira está por debaixo de 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei sen casos na última semana.
  • Pol, sen casos novos nunha semana.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba baixa 1 a 37 casos.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo de 10 casos.
  • O Incio, sen casos novos en quince días.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela está por debaixo de 10 casos.
  • Samos está sen casos unha semana.
  • Sarria baixa a 22 (2 menos).
  • Triacastela, sen casos novos nunha semana.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla segue con 14.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 6 ata 44.
  • Baleira, xa leva sen casos quince días.
  • Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, sen casos na última semana.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo cae ata 289, 25 casos menos.
  • Monterroso queda con 41.
  • Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei reduce a 35 casos (1 menos).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, unha semana sen casos.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón continúa con 10 casos.
  • Bóveda xa leva unha semana sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada segue con 27.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue baixando. Son 191, 18 menos.
  • O Saviñao reduce a 20 (2 menos).
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga baixa 1 ata 13.
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada segue con 16 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.